top of page
  • Instagram
  • TikTok
  • Facebook
  • YouTube
  • Vimeo

A XUNTA COPRODUCIRÁ O NOVO ESPECTÁCULO DE DANZA DE KIRENIA MARTÍNEZ ENTRE OUTROS


Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2022. A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas a través de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego.


A compañía de Kirenia Martínez repite como adxudicataria do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego e faino con Afectos, espectáculo co que culminará a súa Trilogía dos vulnerables. Esta saga, iniciada antes da irrupción da covid-19, realiza un achegamento coreográfico aos movementos migratorios desde unha perspectiva global.


En Afectos, a compañía poñerá o foco nos cambios provocados pola pandemia en canto aos desprazamentos masivos de persoas, despois de que na primeira entrega, titulada Y-migrantas, abordara o fenómeno nun contexto no que o mundo se formulaba un cambio de paradigma, e na segunda, Primeiro a vida!, analizara unha nova realidade no ecuador da crise sanitaria.


bottom of page