top of page

Escenas do Cambio 2023. A forza e o afecto do fráxil


O 4 de maio estreouse, precisamente, 'AFECTOS' de Kirenia Danza, en coprodución co Centro Coreográfico Galego. Unha peza que suscita grande concentración e profunda impresión polo cuarteto de bailarinas e bailaríns camaleónicos. Os seus corpos, as súas expresións, as accións cos obxectos, coas cintas coas que dividimos, medimos, limitamos... son resultado de imaxes de situacións e momentos de desafecto, que clamano e poñen en evidencia a necesidade da empatía e da solidariedade. En Estefanía Gómez, Leodán Rodríguez, Cristian "Bal" Castro e Kirenia Martínez transmutanse emigrantes, inmigrantes, fuxitivas, exiliadas, extraditadas, pero tamén amigas, familia, pobo e camiñantes. Unha peza que é afecto profundo á xustiza social e á mellor produción do humano, que é o amor.


留言


bottom of page