top of page
  • Instagram
  • TikTok
  • Facebook
  • YouTube
  • Vimeo
BrunoBaw-scaled.jpg

BRUNO BAW

COMPOSITOR

EMAIL

Información

​

Bruno Baw fai fotos, toca a guitarra, pincha e produce desde hai moitos anos. Pasou por grupos de todo tipo (The Blows, Silvia Superstar, The Cobras, Linda Guilala…) e tocou en multitude de festivais, eventos e salas de todo o mundo (UK, Berlín, Buenos Aires, Colonia, Burdeos, Porto…).

​

Nos últimos anos dedicouse principalmente á produción audiovisual (fotografía e vídeo artísticos, para marcas de moda, bandas, exposicións e publicacións internacionais) e á produción e composición de música electrónica, tanto para lanzamentos propios como para pezas de danza, pezas audiovisuais ou publicidade.

​

Os seus estudos como Técnico Superior de Son tamén lle permitiron traballar en estudos de gravación e mestura ou en directo con multitude de proxectos.

​

Como DJ foi e é residente dalgúns dos clubs máis especiais e innovadores desde hai máis de 15 anos (Mondo Club, Radar Estudios, El Monstruo) e é DJ convidado habitual en festivais e salas.

bottom of page