
CREATION PROCESS
A metodoloxía de traballo comezou co exercicio textual de identificar no texto os seguintes niveis que materializan o sentido xeral do “desexo do desexo”:
Desexo atemporal, desexo natureza, desexo e contradicións, desexo e contraste, desexo imaxinativo corporal, desexo social, desexo cultural, desexo viaxe, desexo absurdo, desexo imposible, desexo emocional, desexo antropolóxico, desexo material e desexo contraxenético.
Unha vez establecida esta estrutura optouse por unha escenografía minimalista: dúas cadeiras e tres estruturas tubulares totalmente abertas que serían o correlato plástico de que esas tres cabinas materializan a desinhibión (entrada/ saída) como consecución do desexo.
A “Cicatriz” que dá nome a este espectáculo propón unha reflexión de como o “desexo” e, sobre todo, o desexo do desexo (a necesidade de ter desexos) é o motor da vida. Os dous intérpretes entran e saen de tres estruturas tubulares, a xeito de cabinas abertas, como se o xogo de “inhibición / desinhibición” fose o resorte imprescindible para a xestionar esta perplexidade da existencia. Como mínimo, a aceptación deste desafío vai deixando en nós unha cicatriz indeleble.