ACELERADORA
A nosa compañía KIRENIA DANZA é beneficiaria dunha axuda da innovadora convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta para a aceleración cultural no eido das artes escénicas, para o impulso dás súas habilidades emprendedoras e financeiras no marco do sector escénico.
A Consellería de Cultura, Educación, FP seleccionounos para mellorar a nosa xestión en liñas de actividade como o da dixitalización, a internacionalización, a profesionalización empresarial ou a diversificación financeira, no noso caso, facilitándonos recursos para comunicación, márketing, internacionalización ou financiamento; participación en xornadas, talleres e seminarios; apertura de novas liñas de negocio e novos mercados, e transformación dixital.
No noso caso valorou a nosa estratexia de transformación empresarial e internacionalización europea e formación especializada.
A Axencia Galega das Industrias Culturais xestiona este novo programa con financiamento dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e, ao tempo, as subvencións á aceleración nas artes escénicas insírense no programa anual de axudas ao sector que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca a través do seu departamento de Industrias Culturais.