top of page

NOVAS


Antón Reixa converte en danza a súa poesía: «Grazas ao baile, superei as secuelas do accidente»
Antón Reixa (Vigo, 1957) prepárase para cruzar o Atlántico. O artista, poeta e performer desembarcará este mes de setembro en Buenos Aires para subir ao escenario do prestixioso Festival Internacional de Artes Escénicas (FIBA) coa obra Cicatriz. Dirixida e coreografada por Kirenia Martínez Acosta, o espectáculo supón un desafío físico e artístico sen precedentes para o creador: converter en baile os máis de 700 versos do seu propio poema. Tras a súa experiencia arxentina, a p


Antón Reixa presentará ‘Cicatriz’ en Bos Aires
O espectáculo de danza contemporánea ‘Cicatriz’ baseado no poemario do mesmo nome de Antón Reixa e que reúne sobre o escenario ao propio escritor coa coreógrafa e bailarina galego-cubana Kirenia M. Acosta viaxará este mes de setembro a Arxentina. A peza, coproducida por Artestudio e o Centro Coreográfico Galego resultou seleccionada para a súa participación dentro do Festival Internacional de Buenos Aires (FIBA) con dúas funcións os vindeiro 19 e 20 de setembro no Teatro San


«Cicatriz», de Kirenia Martínez Acosta e Antón Reixa, chega ao FIBA de Bos Aires
A peza de danza contemporánea «Cicatriz», dirixida e coreografiada por Kirenia Martínez Acosta e interpretada pola propia artista xunto a Antón Reixa, foi seleccionada para participar no Festival Internacional de Bos Aires (FIBA). A obra presentarase os días 19 e 20 de setembro na Sala Cunill Cabanellas do Teatro San Martín. É a única produción española presente no festival, que conta con varias coproducións con España. «Cicatriz» xorde da colaboración entre Martínez Acosta e


“A danza contemporánea fixo que me sinta máis a gusto co meu corpo”
A peza de danza contemporánea “Cicatriz” foi seleccionada polo Festival Internacional de Bos Aires. Co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, da Xunta de Galicia, representará dúas funcións, o 19 e o 20 deste mes. A peza está inspirada no poemario do mesmo título, escrito polo vigués Antón Reixa, 500 versos que comezan cada un deles por “Quero”, e conta coa dirección da coreógrafa Kirenia Martínez Acosta. Ademais de ser autor do texto adaptado e de poñer voz en off ao proxe


A danza e a poesía galegas alíanse para conquistar o público arxentino
A creatividade galega cruza fronteiras para seguir conquistando novos públicos, e non precisamente a partir das propostas máis comerciais. A peza de danza Cicatriz -interpretada por Kirenia Martínez Acosta e Antón Reixa e dirixida e coreografiada por Kirenia M. Acosta- foi seleccionada para participar na vindeira edición do Festival Internacional de Bos Aires (FIBA), que se celebra neste mes de setembro de 20261. A cita arxentina, asentada desde 1997 como un termómetro da van
bottom of page
