top of page
  • Instagram
  • TikTok
  • Facebook
  • YouTube
  • Vimeo

PROXECTOS EUROPEOS

Actualmente  Kirenia Danza desenvolve proxectos formativos e de cooperación europea con outras entidades de nivel internacional.

image.png

PERFORM4CHANGE ten como obxectivo proporcionar aos estudantes adultos das comunidades locais dos socios ferramentas para mellorar as súas habilidades sociais a través da formación en artes escénicas, contribuíndo ao seu compromiso cívico e vontade de participar en preocupacións da esfera pública, como o cambio climático. A comunidade creará colaborativamente actuacións artísticas nun proceso de aprendizaxe non formal en liña cos valores comúns europeos e desenvolvido nun contexto internacional de intercambio de boas prácticas de formación.

Anti-Bullying Movement Series (ABMS) é un proxecto de cooperación europea que comprende sete talleres de educación para adultos. Cada taller ten unha duración de 5 días.

O obxectivo dos nosos proxectos é incrementar as habilidades e competencias de artistas, educadores, formadores e axentes culturais adultos que traballan con xóvenes en risco, para que empreguen as artes e a cultura (en particular a danza) como medios para deter o acoso.

ABMS promove o intercambio de habilidades entre diversos expertos.

A financiación da Comisión Europea cubre o custo total da participación (viaxe, aloxamento e comidas) para que un número limitado de participantes poidan asistir ás formacións procedentes de algúns países europeos.

Captura de pantalla 2023-11-02 a las 20.06.13.png
image.png
Captura de pantalla 2023-11-04 a las 11_edited.jpg

O ano 2018 foi nomeado o "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" co lema "O noso patrimonio: onde o pasado se encontra co futuro". A principal motivación deste proxecto basease niso. Pretende crear oportunidades culturais e empresariais para a xente nova, o futuro de cada país, explorando as culturas inmateriais populares, principalmente as tradicións orais e as culturas populares, como os contos, xogos, cancións, bailes e festivais do pasado.

O proxecto LitFest é unha iniciativa do programa Erasmus+ que leva "o aprendizaxe á porta" a comunidades que de outra maneira non poderían ou non estarían dispostas a participar na aprendizaxe ao longo da vida.

Creemos no poder da literatura auténtica para estimular e motivar a aprendizaxe.

Captura de pantalla 2023-11-04 a las 11.39.00.png
Captura de pantalla 2026-01-30 a las 20.47.01.png

WAVE uses the language of theatre and dance to create a dialogue between generations on the theme of water and climate change.

Water, an essential element for life and a source of artistic and spiritual inspiration in all cultures, is now at the center of increasingly urgent environmental challenges. Its manifestations — from flooding to drought — reflect the growing impact of climate change.

Through performative workshops, young people and elders explore together the power of bodily and creative expression to reflect on these issues, share experiences, and transform eco-anxiety into awareness and collective action.

bottom of page