CORPO A CORPO
Obradoiros de danza, interpretación e expresión corporal para mulleres, nenas e nenos no Courel.
“Corpo a Corpo” é unha proposta educativa da bailarina Kirenia Martínez Acosta que achega a danza contemporánea a nenos e mulleres do Courel a través dos contos de Novoneyra. Do 31 de xullo ao 5 de setembro danza e conto déronse cita na serra do Courel coa iniciativa “Corpo a corpo”, unha proposta formativa da Cía Kirenia Danza para achegar esta disciplina a nenos e mulleres. Foron dous laboratorios de balde que se celebraron todos os venres e sábados nas instalacións do CPI Uxío Novoneyra, e que comezaron o pasado 31 de xullo. O 5 de setembro os participantes protagonizaron un evento de danza bailando o conto “Vagaface, Brumalión e ou can de pedra” escrito polo poeta do Courel.
Esta proposta formativa inspírase nos contos escritos por Uxío Novoneyra e que o poeta situou na serra do Courel: un traballo de recollida, actualización e comunicación da memoria da Lingua, lendas, contos e outras mostras de patrimonio inmaterial da súa terra de procedencia co que facilitar que os máis novos a integraran como parte da súa cultura. Kirenia Martínez trasladou este espírito aos seus laboratorios de danza, nos que a través do autocuidado e o coñecemento e goce do corpo en libre movemento, traballou estas experiencias de “danza contada e lecturas bailadas”. Esta proposta didáctica apoióuse na experiencia e traballos previos da coréografa sobre o conto, tema que explorou durante a súa residencia artística en Satriano dei Lucania (Italia) en 2019, no programa europeo
I-Portunus de mobilidade para artistas.
“Corpo a Corpo” é un proxecto formativo, beneficiario do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, que forma parte do plan de reactivación turístico e cultural activado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Os talleres celebráronse todos os venres (infantil) e sábados (mulleres) en horario intensivo de mañá e a participación foi de balde.
Lugar: Colexio Poeta Uxío Novoneyra, Courel, Lugo, Galicia.
Crianzas: Lúa, Artai, Tegra, Laura, Irene, Lucía, Ainara, Paulo.
Directora do proxecto: Kirenia Martínez Acosta.
Colaboradores: Fundación Uxío Novoneyra, Colexio Poeta Uxío Novoneyra, Concello Folgoso de Courel, Nieves Neyra.
Entidade rectora: Fondo Xacobeo 21 de Proyectos Culturais.
Montaxe de Vídeo: Paulo Fernández
Música: "Terra Moura" Uxía