top of page
IMG_5921.jpg

KIRENIA MARTÍNEZ

BAILARINA, COREÓGRAFA E ACTRÍZ

DATA DE NACEMENTO

29 de xullo de 1980

EMAIL

Información

Santa Clara, Cuba, 1980 (dobre nacionalidade: española e cubana)

Kirenia Martínez Acosta conta cunha longa traxectoria artística, con máis de 20 anos de experiencia, as súas creacións foron presentadas en varios paises: Cuba, Bélxica, Suecia, Alemania, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría, Grecia, Brasil e Inglaterra.

Actualmente, ademáis da distribución e/ou desenvolvemento das propostas coreográficas das súas compañías Kirenia Danza e Entremáns, segue colaborando en varios proxectos de investigación coreográfica, literaria, e audiovisual con outras entidades de recoñecido prestixio internacional.

Estudos

Título de Nivel Medio Superior de Educación Técnica Profesional, na especialidade de Actuación, pola Escola Nacional de Arte de Cuba (2000).

Título de 1o Nivel de Bailarina de Danza Contemporánea polo Ministerio de Cultura de Cuba (2001).

Experiencia: directora e colaboradora artística de varias compañías, proxectos e festivais

Directora da Cía. KIRENIA DANZA (2019 - Actualidade)

Codirectora e fundadora da Cía. Entremáns (2005 - Actualidade)

Codirectora artística do Festival Quincegotas da Coruña (2015 - Actualidade)

Codirectora escénica do Festival dos Eidos (2019 - Actualidade)

Codirectora artística do Festival Empape da Coruña (2008 - 2011)

Premios

2001

2005

2006

2006

1º Premio no Festival Danzan-Dos

Matanzas, Cuba

1º Premio na modalidade de sós no Certame Coreográfico de Danza Calvia

Palma de Mallorca

1º Premio de Coreografía no V Certame Internacional de Coreografía coa obra "La cuenca de tus ojos"

Burgos e Nova York

1º Premio de Coreografía no V Certame Internacional de Coreografía coa obra "La cuenca de tus ojos"

Burgos e Nova York

Traxectoria artística: danza, pintura, audiovisual e moda

1997-2003 

1998-2003 

2005

2006

2006-2007 

2007-2008 

2009 

2010

2011

2011

2013

2015

2016

2017

2018

2019

2020

2021

- Actriz na Escola Nacional de Artes da Habana, Cuba

- Integra a Cía. Danza Teatro Retazos, Cuba

- Integra e funda a Cía. Entremans

- Coreografía e dirixe pezas como: "En la cuenca de tus ojos", "Hasta que no te lo comas todo" e "A palo seco"

- Participa como bailarina na 1ª Produción do Centro Coreográfico Galego "Vacuo" de Maruxa Salas

- Participa como bailarina na 2ª produción do Centro Coreográfico Galego "O Quiosco das almas perdidas" de Roberto Oliván

- Coreografía e dirixe o Taller de Investigación Coreográfica "Kyra" (2009) para o Centro Coreográfico Galego.

- Coreografía e dirixe pezas como: "Dejándome", "A medio metro do vivído" e "Concerto Desconcerto"

- Asistencia Coreográfica de "Aneis" para Branca Novoneyra

- Asistencia Coreográfica "Tulipán" para David Loira

- Dirixe xunto a Román Montesinos "Evanescencias" un proxecto fotográfico sobre o espido conceptual e as metáforas visuais

- Asistencia Coreográfica de "Game over" para Branca Novoneyra

- Asistencia Coreográfica "Dálle vida" de Shlomi Bitton

- Bailarina e actriz na vídeo-danza "Blondys Coffee al lado del cuerpo" de Masako Hattori

- Modelo para a firma Pisionero da deseñadora galega Rosario Vidal Ferreño

- Modelo para a pintora Gosia Trebacz nunha edición limitada "Etnografía" de Vicente Risco da Editorial Boreal

- Modelo para a colección "Meat & Dream" do deseñador Gonzalo Vázquez

- Coreografía e dirixe pezas como: "39 y medio", "Blondys Coffee, peza soa para dúas mulleres"

- Modelo para a colección "Silencio" do deseñador Gonzalo Vázquez

- Coreógrafa e modelo do desfile da colección Outono-Inverno "The Black Pleasure" en Maos Habitos, O Porto

- Coreógrafa e modelo para "The Black Pleasure" no Paraninfo da USC do deseñador Gonzalo Vázquez

- Coreógrafa do desfile "The Black Pleasure" en Maos habitos, (O Porto) e no Paraninfo da Universidade Stgo Compostela

- Modelo para o proxecto fotográfico e a exposición "No me importa" de Gosia Trebacz

- Modelo para o proxecto fotográfico e a exposición "No me importa" de Gosia Trebacz

- Coreógrafa e bailarina do proxecto audiovisual "Adriano tus sueños" xunto á fotógrafa Lupe Vazquez e a pintora Gosia Trebacz en colaboración con Fotoforum Lumen

- Coreografía e dirixe pezas como: "Sólo un deseo" e "Xoga", de Artestudio Xestión Cultural

- Coreógrafa e bailarina no proxecto audivisual de Gosia Trebacz homenaxe a Federico Garcia Lorca “Chove en Santiago meu doce amor”

- Coreógrafa e bailarina de “Astraea”, unha performance xunto á pintora Gosia Trebacz, no Festival Internacional de Teatro FITO, Ourense

- Coreógrafa e modelo non proxecto audiovisual “Serenas” en Costa da Morte baixo a dirección de Gosia Trebacz xunto á bailarina Alba Fernández

- Coreógrafa e bailarina dentro da intervención artística independente “Pesc@das” dirixida por Gosia Trebacz, no Porto de Caión

- Coreógrafa e bailarina da performance “Concerto e Danza” no espazo de Acción Cultural Olalab, en Santiago de Compostela

- Coreógrafa e bailarina da performance “Metamorfosis” xunto ao pintor Pablo Orza , dentro do proxecto de Acción Artística Independente “Botánicas” de Gosia Trebacz

- Asistencia coreográfica de “Up to Down” para Cía Traspediante

- Coreógrafa e bailarina no proxecto Acción Artística Independente coa performance “20Hz -20 Khz” xunto ao pintor Pablo Orza e o músico italiano Ranters Bay

- Coreografía e dirixe a peza “Gaia” xunto a Beatriz Pérez

- Coreógrafa e bailarina da vídeo-creación presentada na exposición “Art-Disidencias” con poesía de Miguel Anxo Fernán Vello e a dirección de Gosia Trebacz, dentro da plataforma Diversidarte

- Coreógrafa nas Xornadas de Fusión Artística-Danza Contemporánea, poesía e arte visual xunto á pintora Gosia Trebacz

- Funda e dirixe en solitario Cía. Kirenia Danza

- Coreografía e dirixe a peza “Instante Gradual”, coa que foi a primeira bailarina española seleccionada na primeira convocatoria piloto do programa Creative Europe de Mobilidade Europea I-Portunus, para unha residencia artística en Matera, Capital Europea da Cultura 2019 e outras dúas cidades na Rexión da Lucania

- Coreografía e dirixe a peza ”A Bella Otero, A bailarina española”, coa asesoría e os versos da escritora Branca Novoneyra, un proxecto de investigación coreográfica gañador do primeiro concurso do I Laboratorio coreográfico da SGAE para apoiar e promover a nova creación contemporánea, avanzado nas salas madrileñas Berlanga e Eduardo Úrculo

- Coreografía e interpreta “Vagaface, Brumalión e o Can de Pedra”, conto inédito de Uxío Novoneyra no Teatro Aeroplio de Atenas, no marco da sua colaboración como profesional asesora no proxecto Erasmus+ Capacity Building AESOP de capacitación profesional en producións escénicas baseadas en patrimonio cultural inmaterial da mocidade de territorios susceptibles de activación turística, con socios gregos, brasileiros e vietnamitas. Logo será representado no Festival Salerno Letteratura en Italia

- Coreografía e dirixe “Emigrantas” unha coprodución do Centro Coreográfico Galego (CCG-AGADIC) e coa asistencia da escritora Branca Novoneyra. Esta primeira produción da sua compañía Kirenia Danza foi estreada en Londres, Madrid e Santiago de Compostela

- Dirixe “Corpo a corpo”, un innovador programa-laboratorio de públicos infanto-xuvenís e femininos rurais de montaña no Xeoparque Unesco Montañas do Courel, apoiada polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

- É seleccionada beneficiaria coa sua compañía Kirenia Danza na convocatoria de Axudas de Creación Escénica do CCG-AGADIC coa secuela e segunda entrega da triloxía de emigrantas: “Os coidados/Primeiro a vida”, actualmente pendente de estrea

- É unha das beneficiarias do programa KID – International Dance Program Malmö de Suecia, organizado por Skanes Danskollegium, nos centros Dansstationen e Danscentrum Syd e desenvolve alí unha residencia artística do seu proxecto "Instante Gradual"

- Coreografía e dirixe "Tres tristes 2.0", unha coprodución do Centro Coreogáfico Galego (CCG- AGADIC) coa asistencia coreográfica do director e coreógrafo Miguel Azcue da compañía sueca Memory Wax

bottom of page