Antón Reixa: "A danza serveume para entender mellor meu cuerpo e a miña poesía"
- Nov 14, 2025
- 1 min read
Updated: Feb 8

Antón Reixa é un creador nato. Leva demostrándoo toda a súa vida e tocando moitos eidos, desde a poesía ata o cinema, pasando pola literatura, o guión ou as series de televisión. Pero ninguén esperaba que, aos seus 68 anos, Reixa se atrevera coa danza contemporánea. Pois fíxoo. Convenceuno a bailarina e coreógrafa cubana Kirenia Martínez, directora do espectáculo Cicatriz, baseado nun poemario do propio Antón Reixa. Cun 65 % de discapacidade, o músico vigués desafía as limitacións do seu propio corpo. Para iso tivo que adestrar moi duro: foron máis de catro meses de preparación física e tamén de visionado de vídeos para intentar comprender a danza contemporánea.
Este espectáculo do Centro Coreográfico Galego xa viaxou mesmo a Alemaña e, ao longo do ano, fará tamén parada en Arxentina. Este venres chega a Vigo, ao Auditorio do Concello, onde Reixa lembra que comezou a dar os seus primeiros pasos con Rompente hai 50 anos. Cicatriz fálanos do desexo de desexar e aborda tamén cuestións relacionadas coa inclusión e co edadismo. Un novo reto superado para Antón Reixa. A poucas horas de actuar na súa cidade, pasou polos estudos de Radio Vigo.

