top of page
  • Instagram
  • TikTok
  • Facebook
  • YouTube
  • Vimeo

Danza / "Cicatriz"

  • Nov 7, 2025
  • 1 min read

Cicatriz é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de nón acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas tan cheas de suturas.

Se cadra, é de interese para as espectadoras e espectadores deste xogo escénico,que este traballo vertebra a unión e contraste entre a moita experiencia coreográfica de Kirenia Martinez e o absolutamente profano en danza contemporánea de Antón Reixa e a súa discapacidade física recoñecida do 65%.

O esencial na danza contemporánea é a emoción, por riba de calquera virtuosismo técnico ou idade.

 
 
bottom of page