
CICATRIZ
Unha creación de Kirenia Danza coproducida por Artestudio Xestión Cultural e a Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego.
DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA:
Kirenia Martínez Acosta
EN ESCENA:
Kirenia M. Acosta
Antón Reixa
TEXTOS:
Antón Reixa
VOCES:
Antela Cid
Uxío Novo
Alex Shelar
LUCES:
Violeta Martínez
Daniel Rodríguez
FOTOGRAFÍA E VIDEO:
Global Blue
MUSICA:
Marcos Payno
Bruno Baw
ESCENOGRAFÍA:
Suso Mareque
PRODUCIÓN:
Uxío Novo
Fany Vázquez
DISTRIBUCIÓN:
Carlos Martínez Carbonell (Crémilo)
Fany Vázquez
COPRODUCIÓN:
Xunta de Galicia
Centro Coreográfico Galego

SOBRE A PEZA:
A orixe do proxecto "Cicatriz" parte da experiencia previa da bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez Acosta, directora artística da compañía Kirenia Danza, da cal Artestudio ten sido distribuidora e produtora, comotamén da sua outra compañía Entremáns.
Na sua última produción, "Afectos", coproducción par catro bailaríns co Centro Coreográfico Galego, Kirenia xa explorara a intersección entre a danza e a poesía a través dos poemas do propio Antón Reixa, especialmente das composicións "Whatsapp" e "Cicatriz", esta tamén parte deste novo proxecto do cal colle o nome. Estes poemas téñenna inspirado a aprofundar no tema do desexo e a entropía como motores da vida.
Ao traballar coa poesía do referencial creador Antón Reixa, onde atopou unha riqueza emocional e unha profundidade conceptual que a levou a querer explorar máis a fondo as mesmas no contexto escénico mediante a colaboración directa co propio e histórico artista multidisciplinar que propoñemos, nunha joint venture escénica, a cal se afortalou coa productora Artestudio, antiga productora de Kirenia coa Cía Entremáns, e de novo Centro Coreográfico Galego desta peza de danza inclusiva, primeira coprodución desta natureza na sua historia, ademáis de integrar na mesma outros colaboradores do sector como Crémilo na distribución, e doutros sectores como Bruno Vaw e Marcos Payno para a música, e a Fundación Uxío Novoneyra para a estratexia e a internacionalización, no contexto do proxecto europeo spiralproject.eu e a experta Luz Rodríguez Soane, para a inclusión.
A proposta “Cicatriz” é un dúo entre a propia Kirenia Martínez Acosta é Antón Reixa sobre o escenario.
No fluír da creación do traballo xurdiu a circunstancia de que o poeta padece unha discapacidade física do 65%, secuela dun accidente de tráfico en 2016 e que se materializa unha neuropatía sensitiva severa e crónica con certos problemas de mobilidade. Ese foi o desencadeante para que a coreógrafa plantease a Reixa a súa participación como intérprete.
Isto introduce no espectaculo un subtexto e valor engadido de inclusividade que, se tiveramos que traducir na acción escénica, implicaría unha lectura de que o factor máis prevalente na danza contemporánea é a emoción, por riba do virtuosismo técnico, a pseudoacrobacia ou mesmoa a idade (Reixa ten 67 anos).
.png)
CICATRIZ PARA OS SEUS CREADORES
"Un lugar onde o movemento non obedece aos límites, senón á curiosidade. E que esa curiosidade nos salve a ambos. Pregúntome, con fascinación, como escribirá o poeta despois de ter bailado a súa poesía. Como se transformarán os seus versos tras habitar as palabras co corpo, tras bailalas, tras descubrir que moverse no seu propio texto é outra forma de versar a vida? Porque cando a palabra se somete á gravidade, cando se articula desde a carne, algo no seu significado se fractura e se expande. Xa non é só linguaxe: é pegada, é xesto, é pulso." —afirma Kirenia Martínez.
Pola súa banda, Reixa defíneo coa precisión de quen leva décadas desafiando os límites da linguaxe e da escena: "CICATRIZ será un espectáculo que combine danza e spoken word nunha fusión interdisciplinaria que explora o desexo e a entropía como motores da vida. Este proxecto pretende transcender os límites tradicionais da danza e da poesía, creando unha experiencia única e envolvente para o público”.

SINOPSE:
CICATRIZ é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de nón acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas tan cheas de suturas.
Se cadra, é de interese para as espectadoras e espectadores deste xogo escénico,que este traballo vertebra a unión e contraste entre a moita experiencia coreográfica de Kirenia Martinez e o absolutamente profano en danza contemporánea de Antón Reixa e a súa discapacidade física recoñecida do 65%.
O esencial na danza contemporánea é a emoción, por riba de calquera virtuosismo técnico ou idade.
