INSTANTE GRADUAL
DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA:
Kirenia Martínez Acosta
BAILARINA:
Kirenia Martínez Acosta
MÚSICA:
Bruno Baw
SOBRE A PEZA:
Cada momento son dous momentos.
Mais en qué momento troca a madeira en pedra, a turba en carbón, a caliza en mármol?
A historia e a memoria comparten datos, tempo e espazo.
Todo estaba dentro nesa fracción histórica de segundo, o instante gradual.
Instante Gradual:
“INSTANTE GRADUAL” é unha peza que Kirenia Martínez baila en cada ocasión, reprogramando o seu corpo a cada espazo, ambiental e temporal, despóis de 20 anos de carreira internacional en danza contemporánea, desgaste e lesións. É unha peza que busca conectar co publico mediante claves universáis, o risco, a honestidade e o compromiso coa creación e a execución, a Danza é única e sucede para ese público, nese instante.
É unha peza work in progress en constante evolución que estivo nos Premios da Cultura Galega 2021. Foi a peza invitada española no programa de artes escénicas da cidade italiana de Matera durante a sua Capital Europea da Cultura 2019. Tamén foi convidada a Malmö (Suecia) no programa internacional de Danza KID.
Recentemente estivo no Teatro Nacional de Novi Sad (Serbia), dentro da programación da Capital Europea da Cultura 2023.