PRIMEIRO A VIDA!
DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA:
Kirenia Martínez Acosta
EQUIPO ARTÍSTICO:
Esther Latorre
Xoel Álvarez
Bal Castro
ASISTECIA COREOGRÁFICA:
Branca Novoneyra
PRODUCIÓN:
Uxío Novo
ESPAZO SONORO:
Bruno Baw
LLXNTO
VESTIARIO:
Jandro Villa
Créditos:
-
Espazo lumínico: RTA
-
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
-
Asistencia de produción: Artestudio Xestión Cultural
-
Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural
SOBRE A PEZA:
Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida.
O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade.
PRIMEIRO A VIDA!:
Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida!