
AFECTOS
DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA:
Kirenia Martínez Acosta
BAILARÍNS:
Kirenia Martínez
Leodán Rodríguez
Estefanía Gómez
Bal Castro
VESTIARIO:
Jandro Villa
ESPAZO SONORO:
Bruno Baw e Sumrrá
Créditos:
-
Asistencia de dramaturxia: Alejandra Aguirre
-
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
-
Servizo técnico: Equipo Creativo RTA
Deseño de luces: Diego Vilar -
Poesía: Antón Reixa, Demián Ravilero, Uxío Novoneyra
Asistencia en textos: Keina Espiñeira por cortesía de ESOMI (UDC) -
Produción: Uxío Novo por cortesía da Fundación Uxío Novoneyra, Paulo Fernández e Serea Films
-
Coprodución: Centro Coreográfico Galego, Agadic, Xunta de Galicia
Distribución: Kirenia Danza e Serea Films






















SOBRE A PEZA:
A compañía Kirenia Danza presenta Afectos, a terceira entrega da súa triloxía coreográfica Os vulnerables. Esta triada de producións enfócase no impacto da pandemia da COVID-19 nas persoas migrantes e na súa rede de afectos. A compañía demostrou o seu compromiso con este tema ao longo de dúas producións previas: E-migrantas en 2020 e Primeiro a vida! en 2021, que abordaron a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais. Nos últimos anos, a pandemia puxo de manifesto a importancia de protexer os dereitos fundamentais das persoas migrantes e desprazadas, sexa por motivos económicos, crisis climáticas, persecucións por motivos políticos, étnicos ou de tendencia sexual, conflitos ou outras causas. Moitas persoas, incluídas as artistas de danza, vironse afectadas durante a crise da COVID-19 e precisaron axuda.

Afectos:
A obra Afectos sitúanos diante dunha reflexión alegórica do patrimonio humano da migración, como son o Camiño de Santiago en Galicia, o Kumano Kodo en Xapón, os corredores humanitarios de Ucraína ou as novas rutas de emigración centroamericana. Afectos é unha homenaxe á complexidade das emocións humanas e unha invitación a conectarnos co noso propio ser emocional. Un convite ás audiencias a reflexionar sobre a importancia da solidariedade en tempos difíciles.
